Xornada Conxunta en Lugo. Liga Gallaecia San Froilán 2017

xornada

27 Sep Xornada Conxunta en Lugo. Liga Gallaecia San Froilán 2017

O primeiro encontro dos Torques De Lugoslavia Futebol Gaélico nesta tempada 2017/18, será o 7 de outubro durante as festas do San Froilán en Lugo disputando 2 encontros nunha xa clásica Xornada Conxunta de apertura da Liga Gallaecia.

liga-gallaecia

Serán os primeiros encontros co novo formato de dous grupos xeográficos de cinco escadras na Liga Gallaecia. Coa incorporación de 4 novas equipas, este ano somos un total de 10 a desfrutar da experiencia gaélica mixta .

Encetamos, xa que logo, o calendario de partidos do Grupo Norte, acudide a Nadela o próximo sábado 7!

 

🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐

 Horarios dos encontros:
As 16:00 Torques vs Buril
As 17:30 Fanecas Bravas vs Cascarilha

🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐🏐

 

· Lugar dos encontros, Campo de Nadela (https://goo.gl/maps/iazwy556ck32)

Durante os encontros, poderás probar a nova Cervexa Artesá Lugoslava dos Torques, facerte socia ou mercar as nosas camisolas.

camisolas
Co carné de socia dos Torques, as consumicións terán un desconto de 0,30€.

· Logo celebraremos o 3º tempo no Bodegón A Fouce a partir das 19:30 (https://goo.gl/maps/FmEYxbvNMEG2)

Durante o 3º tempo faremos varias actividades e xogos ademais de sortear material de fútbol gaélico cedido por Gaelic Sports Shop

Agardámosvos a tod@s, vídevos fozar sen parar!