
10 May Último encontro da Liga Gallaecia nesta tempada 2017/18
Último encontro da Liga Gallaecia nesta tempada 2017/18, será o 12 de Maio en Lugo disputando unha xa clásica Xornada Conxunta de final da Liga.
Se o tempo o permite poderás velo en directo: https://youtu.be/MzjXUuLD93g
Serán, os desta V xornada, os últimos encontros que se xoguen antes da Copa Gallaecia.
· Horarios dos encontros:
As 16:00 Torques vs Fusquenlha (En Directo: https://youtu.be/MzjXUuLD93g)
As 17:30 Afiadoras vs Condado gaélico (Directo: https://youtu.be/A020comw4gM)
· Lugar dos encontros, Campo de Nadela (https://goo.gl/maps/iazwy556ck32)
Durante os encontros, poderás probar a Cervexa Artesá Lugoslava das Torques, facerte socia ou mercar as nosas camisolas.
Co carné de socia dos Torques, as consumicións terán un desconto de 0,30€.
· Logo celebraremos o 3º tempo no Bodegón A Fouce a partir das 19:00 (https://goo.gl/maps/FmEYxbvNMEG2)
Durante o 3º tempo faremos varias actividades e xogos ademais de sortear material de fútbol gaélico cedido por Gaelic Sports Shop
Agardámosvos a tod@s, vídevos fozar sen parar!