Amigable Futebol Gaélico en Lugo

futbolgaelico

12 Ene Amigable Futebol Gaélico en Lugo

Sábado 21 as 17:00 en Nadela.

O sábado 21 de xaneiro disputaremos un partido amigable en Nadela os Torques De Lugoslavia Futebol Gaélico vs Cascarilha Futebol Gaélico.

Será un partido de adestramento e que tamén servirá como demostración do Futebol Gaélico para todos aqueles que queiran poidan coñecer e iniciarse neste divertido deporte.

E despois… cocido na Bodegón A Fouce!

Despois do partido, temos unha cita moi especial para repoñer forzas no Bodegón a Fouce (Rúa Ramón Montenegro 2. Lugo) a partir das 21:00. Espéranos un cocido galego popular que degustaremos con todo o mundo que queira compartir con nos.

*Anótate antes do mércores día 18. Prezo do Cocido: 20€